Tobolsk
Galego
- Pronuncia: /tɔ.'bolsk/ (AFI)
Tobolsk (en ruso Тобо́льск, en tártaro Tubıl) é unha cidade da Federación rusa que foi a capital histórica de Siberia, e hoxe unha cidade da óblast de Tiumen. Situada a 90 m sobre o nivel do mar, ocupa unha superficie de 222 km². En 2017 contaba cunha poboación de 98 886 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 445,43 hab./km². Entre as persoas nacidas na cidade destaca Dmitri Mendeéev, creador da táboa periódica dos elementos.