Usuario:Sobreira/banco
Galego
singular | plural |
banco | bancos |
Definición
- Asento, normalmente de uso público, para varias persoas.
- Exemplo: Os bancos do parque están medio podres.
Definición
- Establecemento de carácter financeiro dedicado a garda-los cartos dos seus clientes, conceder créditos, financiar investimentos, etc.
- Exemplo: Traballaba de director do banco do lugar.
Termos relacionados
Definición
- Elevación do fondo mariño ou fluvial producida por depósito de areas ou outros sedimentos, polo que se reduce a profundidade nese punto.
- Exemplo: O petroleiro encallou no banco porque non coñecía ben estas costas.
Sinónimos
==== Termos relacionados ====
|
Definición
- (Colectivo) Conxunto de peixes dunha mesma especie -normalmente- que nadan xuntos, agrupados como en formación. Pode estar formado por milleiros de exemplares.
- Exemplo: Este banco de atúns ben dá para enche-lo barco.
Definición
- En carpintería, mesa de traballo.
- Exemplo: Traeme acá o cepillo, que está no banco.