abdome agudo
Galego
- Pronuncia: /abˈdɔme̝ aˈɣuðo̝/ (AFI)
abdome agudo (sg: abdome agudo; pl: abdomes agudos)
- (Patoloxía) Cadro doloroso agudo, moi grave, localizado na rexión abdominal, e que pode deberse, entre outras causas, a apendicite, colecistite, peritonite, perforación de úlceras gástricas, obstrucións intestinais agudas causadas por hernias, adherencias ou neoplasias, oclusións e embolias.