Grafías semellantes:     Abelleira


Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «abelleira».
  •   Pronuncia: [a.βeˈʎej.ɾɐ] (AFI)

  Substantivo feminino

abelleira (sg: abelleira; pl: abelleiras)

 
Abelleira. Ophrys apifera
  1. Tronco dunha árbore cun enxame.
  2. (Apicultura) Colmea feita nun recipiente artificial de madeira, cortiza, etc.
  3. (Botánica) Planta herbácea da familia das orquidiáceas, Ophris apifera, con dous ou tres tubérculos ovoides dos que xorden follas basais ovaladas ou lanceoladas, e só unhas poucas caulinares, cun escapo que leva unha espiga laxa con de 2 a 9 flores, con sépalos patentes, rosáceos, e pétalos menores, de cor verde ou púrpura, recordando toda a flor a forma dunha abella.
  4. (Botánica) Melisa.

Sinónimos

Traducións

Véxase tamén