abelmosco
Galego
- Etimoloxía: do árabe habb al-misk, gran de almiscre, através do latín científico abelmoschus.
- Pronuncia: [a.βɛlˈmos.kʊ] (AFI)
(sg: abelmosco; pl: abelmoscos)
- (Botánica) Nome vulgar da planta orixinaria da India e das rexións tropicais de Asia e de Australasia Hibiscus moschatus = H. abelmoschus, da familia das malváceas, de caule pubescente, follas palmadasa e lobadas e de bordos serrados, e flores vermellas. Cultívase amplamente polas súas sementes, das que se tira un aceite esencial, aromático, que se usou en perfumaría como substituto do almiscre, pero esta substancia ten propiedades fotosensibilizadoras.
- Exemplo: As sementes de abelmosco usáronse como antiespasmódico.
- Exemplo: As sementes de abelmosco usáronse como antiespasmódico.
Traducións
- Abelmosco comestíbel. (Botánica) Planta cultivada da familia das malváceas, Abelmoschus esculentus, orixinaria de Etiopía. É unha planta anual ou perenne de até 2 m de altura, follas palmadasa e lobadas, flores de até 8 cm de diámetro e pétalos brabcos ou vermellos, e froito en cápsula que contén numerosas sementes. Cultívase en climas tropicais ou temperados cáldos polos seus froitos inmaturos, verdes. Introduciuse nos EE.UU., para os escravos negros, pero hoxe é un alimento corrente, que se prepara normalmenmte fritida ou na barbacoa; os froitos coñécense popularmente en inglés co nome de lady's fingers (dedos de señora). Así mesmo úsase moito na cociña tradicional africana e no sueste asiático.