abietoides
Galego
- Etimoloxía: do latín científico Abietoidea, e este do latín científico Abies, nome de xénero, á súa vez do latín abies, abietis, abeto + -oidea.
abietoides
- (Botánica) Subfamilia de plantas da familia das pináceas caracterizadas por presentaren as acículas (follas) só nos macroblastos, e que comprende os xéneros Abies, Tsuga e Pseudotsuga.
abietoides (sg: abietoide; pl: abietoides)
- (Botánica) Individuo desta subfamilia.