Galego

  •   Pronuncia: /au.to.no.ˈmia/ (AFI)

  Substantivo feminino

autonomía (sg: autonomía; pl: autonomías)

  1. (Política) Capacidade que, nun dun Estado, teñen municipios, provincias, rexións ou outras entidades, para rexerse mediante normas e órganos de goberno propios.
    • Exemplo: En Alemaña, os Lender ou estados federadoas, gozan de ampla autonomía.

  2. (Política) En España, comunidade autónoma.
    • Exemplo: Galicia é unha autonomía do Estado español.

  3. Condición de quen, para certas cousas, non depende de ninguén.
    • Exemplo: Aos dezaoito anos este electricista xa gozaba de autonomía económica

      .
  4. Máximo percorrido que pode realizar un vehículo sen repostar, de ser de combustión, ou de recargarse, se é eléctrico.
    • Exemplo: Meu coche ten una automía de 600 quilómetros.

  5. Tempo máximo que pode funcionar un aparato sen recargarse.
    • Exemplo: A autonomía dos teléfonos móbiles depende das chamadas, mensaxes, fotos e vídeos que reciban

      .

Termos relacionados

autonomía da vontade, autonomicamente, autonómico, autonomismo, autonomista, autónomo