Galego

  Substantivo feminino

belida (sg: belida; pl: belidas)

  1. (Patoloxía) Opacidade do cristalino do ollo, que impide o paso da luz e, polo tanto, provoca unha perda de visión, total ou parcial. Tamén, calquera mancha branca na córnea do ollo.
    • Exemplo: Un remedio popular para as belidas das vacas era lavar os ollos cun pano mollado en mexo ou mexar directamente sobre o ollo.

    • Sinónimos: cataratas, calixe, facosclerose, nube, pano