Galego

  Substantivo feminino

buceira


singular plural
buceira buceiras
 
A buceira dun becerro, fotografada en Silleda
  1. (Gandaría) Trebello que se pon no fociño do becerro co que se pretende evitar que mame, ou da vaca para evitar que pare a pastar mentres ara ou turra do carro.
    • Sinónimos: bocal, buzo, embozo, vetillo.
    • Observacións: Este trebello pode ser de dous tipos: un aparello semiesférico feito de arame, corda, vergas ou vimbios, no que se introduce o fociño, para usar en vacas ou becerros maiores; ou unha táboa que se ata ós cornos do becerriño e pendura sobre a fronte, e presenta uns cravos na parte inferior que mancarían o ubre da vaca se o becerro se intentase achegar.
  2. Trebello semellante ó anterior que se utiliza noutros animais, coma o can, co fin de evitar que poidan trabar a ninguén.

Traducións