Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «buzo».
  •   Pronuncia: /ˈbuθo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

buzo


singular plural
buzo buzos
 
Un buzo para un becerro, fotografado en Silleda
  1. (Gandaría) Trebello que se pon no fociño do becerro co que se pretende evitar que mame, ou da vaca para evitar que pare a pastar mentres ara ou turra do carro.
    • Sinónimos: bocal, buceira, embozo, vetillo.
    • Observacións: Este trebello pode ser de dous tipos: un aparello semiesférico feito de arame, corda, vergas ou vimbios, no que se introduce o fociño, para usar en vacas ou becerros maiores; ou unha táboa que se ata ós cornos do becerriño e pendura sobre a fronte, e presenta uns cravos na parte inferior que mancarían o ubre da vaca se o becerro se intentase achegar.
  2. Trebello semellante ó anterior que se utiliza noutros animais, coma o can, co fin de evitar que poidan trabar a ninguén.
    • Exemplo: Multáronme por sacar o can sen o buzo posto.

Traducións