Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «can do Mar».
 
Interpretación do Urco ou Can do Mar

  Locución substantiva

can do Mar

  1. (Etnografía) Urco. Animal monstruoso propio da mitoloxía galega, que forma parte dos personaxes do Entroido. Ten forma de can negro, de gran tamaño, con grandes orellas e mesmo cornos.
    • Exemplo: O Can do Mar xorde de noite do mar para percorrer os camiños da parroquia entre ouveos e laios, que imitan os dun can.

    • Sinónimos: can do Urco, can branco, can negro, urco

Observacións

O nome venlle da relación entre o Urco e o Mar, onde reside, situado realmente no Alén.