corno
Galego
- Etimoloxía: do latín cornu, do protoindoeuropeo *ḱerh₂-.
- Pronuncia: /ˈkɔɾno̝/ (AFI)
corno (sg: corno; pl: cornos)
- (Zooloxía) Apéndice duro, par, na cabeza dos ruminantes, formado sobre un soporte óseo sobre o óso frontal. Por extensión, substancia da que está feito o corno.
- (Zooloxía) Por extensión, apéndice duro ou brando e de natureza variable, que teñen algúns animais na cabeza. Exemplos destes apéndices son os cornos do rinoceronte, os cornos dalgúns insectos, os cornos do caracol, etc.
- Exemplo: Os cornos da vacaloura protexen contra o meigallo.
- Exemplo: Os cornos da vacaloura protexen contra o meigallo.
- (Zooloxía) Nome xenérico de certos moluscos gasterópodos coa cuncha en forma de corno, nomeadamente o Charonia lampas (que ten unha cuncha de ata 25 cm de lonxitude).
- Cuncha deste molusco que se fura pola punta e se utiliza como buguina.
- (Botánica) Xaro (Arum italicum), planta que ten unhas flores grandes e en forma de corno ou funil.
- (Zooloxía) Antena dos crustáceos, cando son grandes como no caso da lagosta ou o lumbrigante.
Termos relacionados
- corna, cornamenta, encornadura
- cornán, cornelán
- cornear, encornar, escornar
- cornada
- cornecho, cornello, cornella, corneta, cornete, cornetada, corniño, cornizó
- córneo
- cornudo
- corno da abundancia
- poñer os cornos (a alguén)
- poñerse de cornos (con alguén)
- poñer (a alguén) nos cornos da lúa
Traducións
Portugués
- Etimoloxía: do latín cornu, do protoindoeuropeo *ḱerh₂-.
corno (sg: corno; pl: cornos)