Galego

bucio1

 
  •   Pronuncia: /ˈbuθjo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

bucio (sg: bucio; pl: bucios)

  1. (Zooloxía) Animal gasterópodo da orde dos monotocardios, cunha cuncha que pode acadar os vinte e cinco cm, de forma oblonga, con manchas castañas e brancas.
  2. Cuncha deste molusco, furada pola punta, que se emprega para que soe soprando nela.
  3. Persoa que practica algunha forma de actividade debaixo da auga, profesional ou recreativamente, e que adoita respirar grazas a elementos controlados desde a superficie.

bucio2

  •   Pronuncia: /ˈbuθjo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

bucio (sg: bucio; pl: bucios)

  1. (Metroloxía) Medida de volume de áridos equivalente a seis ferrados.