apupo
Galego
- Etimoloxía: de apupar.
- Pronuncia: /aˈpupo̝/ (AFI)
apupo (sg: apupo; pl: apupos)
- (Zooloxía) Animal gasterópodo da orde dos monotocardios, cunha cuncha que pode acadar os vinte e cinco cm, de forma oblonga, con manchas castañas e brancas.
- Cuncha deste molusco, furada pola punta, que se emprega para que soe soprando nela.
- Mostra de protesta, desconformidade, burla, mofa, desprezo etc.
- Sinónimos: apupada.
- Berro de insulto, burla etc.
- Berro que se lle dá a un animal para escorrentalo.
Traducións
Apupada
Portugués
apupo (sg: apupo; pl: apupos)