clasicismo
Galego
- Etimoloxía: de «clásico».
clasicismo (sg: clasicismo; pl: clasicismos)
- Calidade de clásico.
- (Arte) Corrente estética que identifica a beleza artística coa observación de certas leis inviolables, e que se fundamenta na imitación dos modelos gregos e romanos e na regulamentación da arte mediante as leis do ideal artístico, a harmonía e a proporción.
- (Literatura) Imitación dos moldes clásicos como base da creación literaria fronte á innovación.
- (Música) Período entre a segunda metade do século XVIII ata principios do século XIX caracterizado por producir unha música cortesá, elegante e rica, que busca a perfección formal.
Traducións
Castelán
clasicismo (sg: clasicismo; pl: clasicismos)
- Clasicismo.
- (Arte) Clasicismo.
- (Literatura) Clasicismo.
- (Música) Clasicismo.