período
Grafías semellantes: periodo |
Galego
- Etimoloxía: do latín periodus, e este do grego antigo περίοδος.
- Pronuncia: [peˈɾi.ʊ.ðʊ] (AFI)
período
- Porción de tempo máis ou menos longa.
- Exemplo: Este ano, a pesar do moito traballo, aínda puidemos ter un pequeno período de vacacións.
- Exemplo: Este ano, a pesar do moito traballo, aínda puidemos ter un pequeno período de vacacións.
- Cada unha das distintas partes sucesivas en que está dividido un proceso en evolución.
- Exemplo: Despois da fase de mórula comeza o período de gastrulación.
- Exemplo: Despois da fase de mórula comeza o período de gastrulación.
- Espazo de tempo de duración determinada durante o cal se produce un certo fenómeno.
- Exemplo: Cando chegue o período chuvias toda esta chaira quedará asolagada.
- Exemplo: Cando chegue o período chuvias toda esta chaira quedará asolagada.
- Espazo de tempo, de duración indeterminada, caracterizado por determinadas circunstancias ou acontecementos particulares.
- Exemplo: Así que acabe este período de crise, xa verás como a empresa vai mellor.
- Exemplo: Así que acabe este período de crise, xa verás como a empresa vai mellor.
- Tempo durante o cal se realizan determinadas actividades establecidas pola lexislación ou pola autoridade.
- Exemplo: As cousas volverán ao rego despois de que remate o período electoral. Os soldados volverán a casa axiña, porque xa está a acabar o seu período de desprazamento a aquel país.
- Exemplo: As cousas volverán ao rego despois de que remate o período electoral. Os soldados volverán a casa axiña, porque xa está a acabar o seu período de desprazamento a aquel país.
- (Astronomía) Tempo empregado por un corpo celeste en efectuar unha volta completa da súa órbita.
- Exemplo: O período de translación da Terra utilízase para definir o ano.
- Exemplo: O período de translación da Terra utilízase para definir o ano.
- (Astronomía) Tempo empregado por un corpo celeste en realizar unha volta completa ao redor do seu propio eixe.
- Exemplo: O período de rotación da Tera é de un día.
- Exemplo: O período de rotación da Tera é de un día.
- (Cronoloxía) Ciclo de tempo.
- Exemplo: Período xuliano.
- Exemplo: Período xuliano.
- (Física) Tempo que tarda un fenómeno periódico, como unha onda electromagnética, o péndulo, etc., en percorrer todas as súas fases.
- Exemplo: O período de rotación da Terra.
- Exemplo: O período de rotación da Terra.
- (Estratigrafía) Unidade cronoestratigráfica, subdivisión dunha era, que corresponde ao tempo durante o cal se depositaron os estratos dun sistema.
- Exemplo: Cada período caracterízase por unha fauna, unha flora e uns fenómenos oroxénicos determinados.
- Exemplo: Cada período caracterízase por unha fauna, unha flora e uns fenómenos oroxénicos determinados.
- (Fisioloxía) Ciclo menstrual. V. ciclo.
- (Gramática) Porción de dicurso situado entre dúas pausas e con sentido completo, constituíudo por unha oración composta de varias cláusulas enlazadas entre si por subordinación ou coordinación.
- (Matemáticas) Cifra ou conxunto de cifras que se repite nunha fracción.
- (Medicina) Cada unha das fases con que cursan algunhas enfermidades.
- Exemplo: Podemos durmir traquilos, xa pasou o período febril.
- Exemplo: Podemos durmir traquilos, xa pasou o período febril.
- (Xeoloxía) Cada unha das unidades convencionais do tempo xeolóxico en que se subdivide unha era.
- Exemplo: Así como as eras divídense en períodos, estes subdivídense en épocas.
- Exemplo: Así como as eras divídense en períodos, estes subdivídense en épocas.
Locucións
- período anaglacial. (Xeoloxía) Período inicial dunha glaciación, durante o cal os glaciares se estenden, descendendo a liña das neves.
- período cataglacial. (Xeoloxía) Período final dunha glaciación, durante a cal os glaciares decrecen e, nalgúns casos, chegan até a súa desaparición.
- período de semidesintegración. (Física) Tempo necesario para que se desintegre a metade dunha masa determinada de calquera substancia radioactiva.
- período sensíbel. (Psicoloxía) Momento do desenvolvemento que é o máis favorábel para a adquisición dunha nova función. O termo cuñouno a médica e pedagoga Maria Montessori (1870-1952) en relación co concepto de maduración do sistema nervioso.
Traducións
- Inglés: period, (en electricidade, cycle)