novela
Grafías semellantes: Novela |
Galego
- Pronuncia: /no.ˈvɛ.la/ (AFI)
novela (sg: novela; pl: novelas)
- (Literatura) A novela é un xénero literario narrativo, xeralmente en prosa e dunha extensión que pode ser considerábel, onde se explican uns feitos de ficción que expón relacións, accións e ççcondutas humanas a partir duns personaxes, unha ambientación, un narrador e un punto de vista. Poden aparecer descricións e diálogos para embelecer, aclarar ou facer máis amena a acción. O xénero como tal xorde na Idade Moderna. A novela distínguese polo seu carácter aberto e a súa capacidade para conter elementos diversos nun relato complexo. Este carácter aberto ofrece ao autor unha gran liberdade para integrar personaxes, introducir historias cruzadas ou subordinadas unhas a outras, presentar feitos nunha orde distinta a aquel no que se produciron ou incluír no relato textos de distinta natureza: cartas, documentos administrativos, lendas, poemas, etc. Todo iso dá á novela maior complexidade que a que presentan os demais subxéneros narrativos.
- Exemplo: "Merlín e familia" é unha das novelas máis destacadas de Cunqueiro.
- Exemplo: "Merlín e familia" é unha das novelas máis destacadas de Cunqueiro.
Termos relacionados
novela autobiográfica, novela costumista, novela de aventuras, novela de cabalerías, novela de ciencia ficción, novela dialogada, novela didáctica, novela epistolar, novela histórica, novela humorística, novela negra, novela policíaca, novela satírica, novela social, novelador, novelar, noveleiro, novelismo, novelista, novelística, radionovela, telenovela.