Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «modelo».
 
Modelo con felinos. Alberto Vargas, 1919
 
Modelo de Ferrari F40
 
Modelo posando
  •   Pronuncia: /mo.ˈde.lo/ (AFI)

  Substantivo masculino

modelo(sg: modelo; pl: modelos)

  1. Persoa ou cousa que serve ou debe servir de obxecto de imitación
    • Exemplo: O seu modelo sempre foi seu pai.

  2. Persoa que é extraordinaria na calidade que se expresa.
    • Exemplo: Podes contarlle o que queiras, o Xoán é un modelo de discreción.

  3. Persoa ou obxecto que copia un pintor ou un escultor nun debuxo, pintura, talla, etc., ou que un fotógrafo capta coa súa cámara.
    • Exemplo: A miña mellor modelo é a miña filla pequena. Para os seus bodegóns sempre usaba como modelo acios de uvas.

  4. Tipo particular dalgunha galego que pode ser fabricado en serie.
    • Exemplo: Comprei un coche, o último modelo da fábrica.

  5. Representación gráfica de algo.
    • Exemplo: Revista cos mellores modelos da casa de alta costura.

  6. Vestido ou traxe orixinal de alta costura.
    • Exemplo: Asistín a un pase de modelos.

  7. Por extensión, calquera vestido ou peza do vestiario.
    • Exemplo: Ten máis modelos de zapatos ca Imelda Marcos.

  8. Reprodución dun obxecto que amosa como é ou como funciona e que, normalmente, é máis pequeno que o obxecto representado.
    • Exemplo: Meu fillo ter unha colección de modelos a escala reducida de ferrocarrís.

  9. Sistema que pode ser copiado para obter resultados semellantes.
    • Exemplo: O modelo federal de Alemaña.

  10. Descrición teórica de como funciona ou podería funcionar un sistema ou proceso.
    • Exemplo: Hai un modelo matemático para a predición meteorolóxica.

  11. Edificio, empresa ou instalación que son exemplos de eficacia.
    • Exemplo: A nosa empresa é un modelo para outras.

  12. (Matemáticas) Conxunto de ecuacións ou fórmulas coas que se trata de describir como funciona ou podería funcionar un sistema ou proceso complexo.
    • Exemplo: Nun modelo, as ecuacións matemáticas representan as relacións entre os elementos do sistema.

  Substantivo

modelo (sg: modelo; pl: modelos)

  1. Persoa que ten como profesión posar habitualmente para pintores, escultores, fotógrafos, etc.
    • {{exemplo|No meu estudio de pintura teño as modelos máias guapas do país.
  2. Persoa que mostra roupa ou complementos de alta costura.
    • Exemplo: Esta rapaza é a modelo máis cotizada

      .

Observacións

Termos relacionados