Galego

  •   Pronuncia: /ma.ne.'kiŋ/ (AFI)

  Substantivo masculino

  1. Figura con forma de corpo humano, feita de madeira, plástico ou outros materiais, que se usa para probar ou arranxar pezas de roupa mentres se están facendo, para mostralos, etc.
    • Exemplo: Na tenda había varios manequíns con traxes de voda.

  Substantivo

  1. Persoa que ten como traballo mostrar os modelos de roupa que crean os modistos.
    • Exemplo: Cada modisto ten os seus manequíns preferidos.

Sinónimos

modelo