Galego

  •   Pronuncia: /aranˈʃaɾ/ (AFI)

  Verbo pronominal

arranxarse

  1. Acadar a debida comprensión dos demais e chegar a un acordo, tácito ou non, con eles.
  2. Volver ser amigas [persoas que deixaron de selo].
  3. Volver [unha persoa] ser amiga [doutra ou doutras coas que deixara de selo].
  4. Vestir de maneira axeitada para as circunstancias.
  5. Ser quen [unha persoa] de facer algo de seu, sen a axuda de ninguén.

Traducións

  Verbo transitivo

arranxar

  1. Conseguir que funcione aquilo que estaba estragado, roto, danado ou avariado.
  2. Pór en orde.
  3. Encontrar unha solución para unha situación.
  4. (Música) Escribir a melodía que deben tocar os instrumentos para representar unha obra musical.
  5. Poñer [alimento] en adubo.

Traducións

  Verbo transitivo e pronominal

arranxar

  1. Coidar o propio aspecto ou o doutro á hora de realizar unha actividade.
  2. Preparar para un ou proporcionarlle a alguén o necesario para facer camiño ou ir de viaxe.

Conxugación