adubo
Galego
- Pronuncia: /aˈðuβo̝/ (AFI)
adubo (sg: adubo; pl: adubos)
- (Alimentación) Preparado líquido no que se somerxe ou co que se impregna un alimento antes de cociñalo para conservalo e darlle sabor.
- (Alimentación) Conxunto de condimentos que se lle botan a un preparación.
- Substancia coa que se curten peles.
- Esterco, ou outro produto, que se usa para fertilizar a terra.
- (Figurado) Adorno, enfeite.