Galego

  •   Pronuncia: /kom.bi.ˈnaɾ/ (AFI))

  Verbo transitivo

combinar

  1. Unir cousas diversas de maneira que formen outra cousa distinta ou un composto.
    • Exemplo: Combinar bebidas para facer un cóctel. A cor laranxa resulta de combinar a vermella e a amarela.

  2. Poñer dúas ou máis cousas en harmonía.
    • Exemplo: Miña filla sabe combinar ben a roupa. O pintor combinou as cores para que o cadro resultase pouco rechamante.

  3. (Deportes) Dito de varios xogadores dun mesmo equipo, especialmente de fútbol, baloncesto, etc., pasarse o balón.
    • Exemplo: O adestrador insiste moito en que os xogadores combinen ben.

  4. (Química) Unir dúas ou máis substancias en proporcións determinadas, para formar outra nova con propiedades distintas.
    • Exemplo: Combinei un ácido cunha base para formar un sal.

  Verbo intransitivo

combinar

  1. Facer que dúas ou máis cousas que se xuntan queden ben ou estean en harmonía.
    • Exemplo: Nos traxes rexionais das mulleres o vermello e o negro combinan moi ben.

  Verbo pronominal

combinarse

  1. Unirse con harmonía.
    • Exemplo: Neste escritor combínanse esforzo e intelixencia.