Galego

  •   Pronuncia: /ko.ˈnek.tar/ (AFI)

  Verbo transitivo

conectar

  1. Unir ou poñer en comunicación dúas cousas o dúas persoas, ou unha con outra.
    • Exemplo: Tes que conectar cun especialista. A redacción está ben, pero tes que conectar mellor as distintas ideas entre si

      .
  2. Poñer en contacto dúas partes dun sistema mecánico ou eléctrico, especialmente un aparello co circuito eléctrico que o alimenta.
    • Exemplo: Conectar un ordenador á rede.

  3. Establecer comunicación entre dispositivos informáticos co obxecto de transferir datos.
    • Exemplo: Conectei a impresora ao ordenador para imprimir o meu traballo.

  Verbo intransitivo

conectar

  1. Estar alguén ou algo en relación ou contacto con outra persoa ou cousa.
    • Exemplo: O que dis conecta moi ben co tema que quero tratar agora.

  Verbo pronominal

conectarse

  1. Establecer conexión con dispositivos ou ordenadores para transferir datos.
    • Exemplo: Conecteime ao ordenador para buscar información sobre os virus.

Termos relacionados

conectábel, conectable, conectividade, conectivo, conector