Galego

conferencia

  1. Reunión de varias persoas para tratar asuntos de importancia, particularmente cando os que se reúnen son representantes dos seus respectivos países.
    • Exemplo: As grandes potencias celebrarán unha conferencia sobre o desarmamento

      .
  2. Discurso pronunciado por unha persoa nun acto público tratando un determinado tema.
    • Exemplo: Centrou a súa conferencia no tema da reciclaxe de papel. Dar unha conferencia. Asistir a un ciclo de conferencias

      .
  3. Disertación oral sobre un tema preestablecido que un persoeiro desenvolve perante un auditorio e á que pode suceder un coloquio.
    • Exemplo: Ao final da conferencia os asistentes case non fixeron preguntas

      .
  4. Comunicación telefónica interurbana ou internacional.
    • Exemplo: Pediu unha conferencia con Alemaña

      .

Termos relacionados