Galego

  •   Pronuncia: /kom.'bɛk.so̯/ (AFI)

  Adxectivo

convexo
(ms: convexo; mpl: convexos; fs: convexa; fpl: convexas)

  1. Que está curvado cara a fóra.
  2. (Matemáticas) Dise dos conxuntos de puntos nos que a recta que une a calquera dous deles está contida no conxunto.
  3. (Xeometría) Dise da liña, da superficie ou da figura que presenta unha forma esférica en relevo, de xeito que as perpendiculares á superficie diverxen desde esta cara a fóra.