Galego

  •   Pronuncia: /koŋ.ʃɛ.ˈlaɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

conxelar

  1. Converter un líquido en xeo.
  2. (Alimentación) Arrefriar un alimento a temperaturas baixo 0º C para garantir a súa conservación durante moito tempo.
  3. (Economía) Inmobilizar nunha cantidade determinada os créditos, prezos, salarios, etc.
  4. (Economía) Inmobilizar fondos ou propiedades de maneira que o seu propietario non poida dispoñer deles.
  5. (Física) Facer pasar unha substancia do estado líquido ao sólido.

Sinónimos

xear

Antónimos

desconxelar

Termos relacionados

conxelábel, conxelable, conxelación, conxelado, conxelador.

Traducións

Conxugación


  Verbo pronominal

conxelarse

  1. (Física) Converterse unha substancia líquida en sólida.
  2. (Figurado) Aterecer, pasar moito frío.