Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «couce».
  •   Pronuncia: /ˈkowθe̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

couce (sg: couce; pl: couces)

  1. Pancada que dan os animais (especialmente os equídeos) coas patas traseiras.
    • Exemplo: Cousas de burros acaban en couces.

    • Sinónimos: patada.
  2. Parte máis baixa e máis ancha do toro das plantas e árbores.
  3. Parte do talo da planta que queda despois de cortala, arrimada á raíz.
  4. (Carro) Parte do carro onde se asenta o eixo que ten forma semicircular.
  5. (Carro) Temón do carro no que se enganchan os animais.

Véxase tamén

Traducións