• Portada
  • Ao chou
  • Acceder ao sistema
  • Configuración
Doa agora Se este sitio é útil para ti, fai unha doazón.
  • Acerca de Wiktionary
  • Advertencias
Wiktionary

cañoto

  • Lingua
  • Vixiar
  • Editar

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cañoto».
  •   Pronuncia: /kaˈɲoto̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

cañoto (sg: cañoto; pl: cañotos)

  1. Talo de certas plantas tales como a col, o millo ou a pataca.
    • Sinónimos: cano, canoto, chanteiro, coeiro, coiñeiro, couceiro, penca, trocho.
  2. Parte do talo da planta que queda despois de cortar arrimada á raíz.
    • Sinónimos: canoto, canouco, cotaño, coto, couce, toco, trocho.
  3. Parte central, carnosa, branca e máis dura da folla de algunhas plantas tales como a acelga ou a verza.
    • Sinónimos: canoto, carozo, penca.
  4. Parte central da espiga de millo, onde están insertados os grans.
    • Sinónimos: cadolo, canoto, carolo, carón, carozo.
  5. Parte central de froitas sen carabuña tales coma a mazá ou a pera.
    • Sinónimos: canoto, cadrozo, carolo, carozo, corazón.
  6. (Alimentación) (Botánica) Alga comestible da especie Laminaria saccharina, parecida ao canouco.
    • Sinónimos: faixa.
Traído desde «https://gl.wiktionary.org/w/index.php?title=cañoto&oldid=683613»
Última edición o 3 de novembro de 2021 ás 00:35

Linguas

    • English
    • Malagasy
    Wiktionary
    • Wikimedia Foundation
    • Powered by MediaWiki
    • A última edición desta páxina foi o 3 de novembro de 2021 ás 00:35.
    • Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario.
    • Normas de protección de datos
    • Acerca de Wiktionary
    • Advertencias
    • Código de conduta
    • Desenvolvedores
    • Estatísticas
    • Declaración de cookies
    • Termos de uso
    • Escritorio