diérese
Galego
- Etimoloxía: do latín diaeresis, do grego antigo διαίρεσις (diáiresis) "separación", derivado de διαιρέω (diairéō) "separar"
- Pronuncia: /diˈɛɾe̝se̝/ (AFI)
diérese (sg: diérese; pl: diéreses)
- Signo gráfico (¨) composto por dous puntos colocados horizontalmente á mesma altura e escritos sobre unha vogal para indicar unha alteración na súa pronunciación.
- Observacións: En galego, emprégase na sílaba "güe", "güi" fronte a "gue", "gui", para indicar se pronunciar o "u" ou non, ou na letra "i" na primeira e segunda persoa do plural dos imperfectos dos verbos rematados en "-aer", "-aír", "-oer", "-oír" e "-uír" (saïamos), para indicar que o "i" forma sílaba de seu (sa-ï-a-mos), aínda que é átono, distinguíndoo das mesmas formas do presente de subxuntivo nas este forma ditongo (sa-ia-mos).
- Pronunciación de forma separada dunha secuencia que forma normalmente ditongo, por razóns métricas, de énfase ou propias dunha variedade lingüística.
- (Medicina) Operación cirúrxica destinada a dividir un tecido.
- Corte ou pausa entre dous pés nos versos gregos.