educación secundaria obrigatoria

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «educación secundaria obrigatoria».

  Locución substantiva feminina

educación secundaria obrigatoria

  1. A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é un sistema educativo español de ensinanza secundaria desde o curso 1996-97 como consecuencia da implantación da LOXSE. Ten como obxectivo preparar aos alumnos de entre os 12 e os 16 anos para os seus próximos estudos ou a súa incorporación ao mundo laboral. Cúrsase nos IES (Institutos de Educación Secundaria), nos Centros ou Colexios de Ensinanza Obrigatoria (CEO) ou ben en centros concertados ou privados.

Sinónimos

ensinanza secundaria obrigatoria

Termos relacionados

educación, ensinanza, ensinanza secundaria.