Galego

  •   Pronuncia: /ɔbʃɛkˈtiβo̝/ (AFI)

  Adxectivo

obxectivo (ms: obxectivo; mpl: obxectivos; fs: obxectiva; fpl: obxectivas)

  1. Que describe ou xulga sen prexuízos nin preferencias persoais, con exactitude á realidade.
  2. Relativo ou pertencente ao obxecto, sen sentimento.


  Substantivo masculino

obxectivo (sg: obxectivo; pl: obxectivos)

  1. Cousa ou fin que se quere conseguir.
  2. Lente ou sistema delas que forman parte dunha cámara, microscopio, prismáticos, etc..
  3. Punto contra o que se lanza un proxectil.

Traducións