encantar
Galego
- Pronuncia: /eŋkanˈtaɾ/ (AFI)
encantar
- Someter unha persoa ou algo a poderes máxicos sobrenaturais.
- Sinónimos: ameigar, embruxar, enfeitizar, enmeigar.
- Antónimos: desencantar.
- (Figurado) Producir sobre alguén unha forte atracción de algo ou alguén.
- Sinónimos: ameigar, arrebatar, cativar, enfeitizar, engaiolar, enmeigar, fascinar, impresionar, subxugar.
- Gustar moito.
- Antónimos: desencantar.
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
Infinitivo | encantar |
Xerundio | encantando |
Participio | encantado, encantada, encantados, encantadas |
1 Vostede(s) |