Galego

  Verbo transitivo

escorar

  1. (Mariña) Inclinar unha embarcación a un dos seus costados.
    • Exemplo: O barco escorou a babor ó chocar co iceberg e terminou por afundir.

  2. (Mariña) Apuntalar un barco en terra mediante escoras, para pintalo, reparalo, etc.


  Verbo pronominal

escorar

  1. (Mariña) Inclinarse unha embarcación a un dos seus costados.
    • Exemplo: O petroleiro escorouse de tal forma que a ondada varría a cuberta.

  2. (Figurado) Compartir unha ideoloxía determinada.
    • Exemplo: Desde que cambiaron ó director, este periódico escorouse descaradamente á dereita.

Conxugación