escudo
Grafías semellantes: Escudo |
Galego
- Pronuncia: /esˈku.ðo̝/ (AFI)
escudo
- Arma defensiva formada por unha lámina de material ríxido empregada como protección nun combate.
- (Por extensión) Calquera cousa empregada para a defensa ou protección.
- Blindaxe metálico que agocha e protexe a quen opera unha peza de artillaría.
- (Heráldica) Deseño formal que identifica a unha persoa, familia, institución ou territorio, que ten a súa orixe nos levados polos cabaleiros.
- Sinónimos: brasón, escudo de armas.
- (Numismática) Antiga moeda de Portugal e das súas colonias, dividida en 100 centavos e en uso dende 1911 até 1999.
- (Numismática) Moeda de Cabo Verde.
- (Numismática) Antiga moeda de Chile, en uso dende 1960 até 1975, e remprazada polo peso.
Traducións
(1) Arma defensiva
(2) Cousa empregada como defensa
(3) Blindaxe
(4) Deseño heráldico
(5,6,7) Moeda de Portugal e doutros países
Castelán
- Pronuncia: /es.ˈku.ðo/ (AFI)
escudo
- Escudo (tódalas acepcións).
Francés
escudo
- (Numismática) Escudo (moeda).
Inglés
escudo
- (Numismática) Escudo (moeda).
Portugués
escudo
- Escudo (tódalas acepcións).