Galego

  •   Pronuncia: /de.ˈfen.sa/ (AFI)

  Substantivo feminino

defensa (sg: defensa; pl: defensas)

  1. Acción e efecto de defender ou defenderse.
    • Exemplo: Actuei en lexítima defensa.

  2. Arma, instrumento ou outra cousa con que alguén se defende nun perigo.
    • Exemplo: Usei o meu revólver como defensa.

  3. Acubillo, protección, socorro.
    • Exemplo: Acudín en defensa dos rapaces.

  4. Aquilo que serve para defender.
    • Exemplo: Tiveron que reforzar as defensas de fortaleza. O seu humor é a defensa que ten contra os seus inimigos.

  5. (Medicina) Medio polo que o organismo humano resiste a acción de axentes que tenden a lesionalo.
    • Exemplo: A febre constitúe unha defensa do organismo en caso de infección. A enfermidade deixouno sen defensas.

  6. (Deportes) Liña de xogadores que, en determinados deportes de equipo, se sitúa diante do porteiro.
    • Exemplo: O equipo precisa reforzar a súa defensa, métennos moitos goles

      .
  7. (Dereito) Persoa ou persoas que representan e defenden ao acusado nun proceso.
    • Exemplo: A defensa fixo o que poido, pero ao acudado condenárono

      .
  8. (Mariña) Obxecto co que se protexen os costados dunha embarcación ao atracar.
    • Exemplo: Hai que botar outra defensa para a proa.

  9. (Zooloxía) Cada un dos elementos cos que algúns aninais se defenden.
    • Exemplo: Os dentes cairos dos elefantes e os cornos dos búfalos, entre outros, son os seus elementos de defensa.

  Substantivo

defensa (sg: defensa; pl: defensas)

  1. (Deportes) Cada un dos xogadores ou xogadoras que forman a liña de defensa nos deportes de grupo.
    • Exemplo: Un dos defensas foi expulsado por agresión

      .

Termos relacionados

defensa persoal, lexítima defensa