Galego

  •   Pronuncia: /es.t̪a.θjo.'na.rjo̯/ ou /es.t̪a.sjo.'na.rjo̯/ (AFI)

  Adxectivo

estacionario (ms: estacionario; mpl: estacionarios; fs: estacionaria; fpl: estacionarias)

  1. Dito dunha persoa ou dunha cousa, que se mantén no mesmo lugar, estado ou situación.
    • Exemplo: O estado do paciente segue a ser estacionario.

  2. (Astronomía) Dito dun planeta, que está como parado ou detido na súa órbita aparente durante certo tempo.
    • Exemplo: Cando Copérnico presentou seu modelo heliocéntrico demostrou que este predecía sen problemas tanto os momentos estacionarios como os períodos de movemento dos planetas.

  3. (Física) Dito dun fenómeno físico, que se mantén ao longo do tempo de forma igual.
    • Exemplo: Un motor en réxime estacionario.