Galego

  •   Pronuncia: /pa.'ɾaɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

parar

  1. Impedir que continúe un movemento ou unha acción.
  2. Deter o movemento ou a acción de alguén.
  3. Dito dun can, mostrar a peza de caza, parándose ao vela ou ao descubrila por algún sinal.
  4. (Deportes) Dito dun porteiro ou doutro xogador, impedir que o balón entre na súa portería.

  Verbo intransitivo

parar

  1. Cesar no movemento ou na acción.
  2. Chegar algo ao seu fin.

  Verbo pronominal

pararse

  1. Deixar de producirse algo.
  2. Quedarse alguén nunha casa, nunha poboación ou nun lugar determinado.

Traducións