Galego

  •   Pronuncia: [feˈraɾ] (AFI)

  Verbo

ferrar

  1. Marcar un animal con ferro ardente como sinal de propiedade.
  2. Colocarlle as ferraduras a unha cabalaría.
  3. (Carro) Pór ao redor da roda do carro unha lámina de ferro como reforzo.
  4. Colocar ferraxes de protección ou reforzo nalgún obxecto, como p. ex. nas zocas.
  5. Poñer ao cocho un anel para que non foce.
  6. (Figurado e coloquial) Levar dentadura postiza.
  7. v. tr. e intr. Roer, trabar.

Expresión

  • Ferrar os dentes en algo: roer.
  • Ferrar un couce: Dar unha patada.

Traducións

Conxugación