folión
Galego
- Etimoloxía: de folía.
- Pronuncia: /foliˈoŋ/ (AFI)
folión (sg: folión; pl: folións)
- (Etnografía) Grupos de veciños das aldeas das comarcas de Viana, Trives ou Valdeorras, que percorren as vilas próximas durante o Entroido, ó ritmo de bombos, cornas, sachos e outros instrumentos tradicionais.
- (Etnografía) Festa ou verbena que se adoita celebrar a noite de San Xoán, con grandes cacharelas.
- Festa, verbena que se adoita celebrar a véspera da festa do patrón.
- Gran foliada.