Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «graza».
 
Man de Deus nun sartego de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela
  •   Pronuncia: /'gra.θa/ (AFI)

  Substantivo feminino

graza (sg: graza; pl: grazas)

  1. Cousa concedida como un favor especial por unha institución dotada de autoridade.
    • Exemplo: Unha graza concedida polo rei.

  2. Calidade ou conxunto de calidades que fan agradábel á persoa ou cousa que as ten.
    • Exemplo: este chineiro antigo ten moita graza.

  3. Atractivo independente da fermosura das faccións, que se advierte na fisonomía dalgunhas persoas.
    • Exemplo: O sorriso da túa sobriña ten moita graza

      .
  4. Calidade da persoa ou da cousa que divirte ou fai rir.
    • Exemplo: É unha persoa con moita graza, moi divertida. Un chiste con graza.

  5. Impresión que causa algo ou alguén gracioso.
    • Exemplo: Os seus chistes non me fan graza ningunha.

  6. Acto ou dito que reproduce esa impresión.
    • Exemplo: A ver cal é a súa última graza!

  7. Calidade dunha persoa ou cousa que as fai atractivas.
    • Exemplo: Baila moi ben, xa naceu con esa graza.

  8. Aquilo en que reside o atractivo, o interese, etc., de algo.
    • Exemplo: Para el a graza do xogo da buxaina está en saber bailala na man. A graza das ameixas está na salsa

      .
  9. Perdón ou indulto.
    • Exemplo: O Consello de Ministros tivo a graza de sacarme do cárcere cando aínda me quedaban dous anos de condena

      .
  10. (Relixión) Axuda ou don concedido por Deus ao home para que este faga o ben e acade o ceo.
    • Exemplo: Estado de graza. Pola graza de Deus

      .

Observacións

Naacepción seus sinónimos son don e mercé.

Termos relacionados

acción de grazas, ano de graza, caer en graza, dar as grazas, e grazas, estado de graza, estar en graza, grazas, grazas a, graza orixinal, grazas a Deus, maldita a graza, pola graza de Deus, que graza, rirlle a graza, ser unha triste graza, tiro de graza.