Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «inferno».
  •   Pronuncia: [iɱˈfɛɾ.nʊ] (AFI)

  Substantivo masculino

inferno (sg: inferno; pl: infernos)

  1. (Relixión) Situación onde recibirán castigo os condenados logo da súa morte, segundo as relixións abrahámicas.
  2. (Mitoloxía e historia) Lugar onde van as almas dos mortos, segundo varias relixións da antigüidade.
  3. (Figurado) Lugar ou situación con abundancia de sufrimento.
    • Antónimos: paraíso.
    • Exemplo: Vin cambiar esta veciñanza de pradaría ao inferno que é agora.

Termos relacionados

Traducións