Grafías semellantes:     Ladiniano

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «ladiniano».

  Substantivo masculino

ladiniano

  1. (Xeoloxía) División da escala temporal xeolóxica, a segunda e última idade ou piso do Triásico Medio. Esténdese desde 237 até 228 millóns de anos atrás, aproximadamente. Sucede o Anisiano e precede o Carniano.

Observacións

  • Adoita empregarse en maiúscula.

Termos relacionados

Traducións

  Adxectivo

ladiniano (ms: ladiniano; mpl: ladinianos; fs: ladiniana; fpl: ladinianas)

  1. (Xeoloxía) Relativo ou pertencente ao Ladiniano.