Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «lagar».
 
Vello lagar en Alongos (Toén, Ourense)

  Substantivo masculino

lagar (sg: lagar; pl: lagares)

  1. (Agricultura) Prensa para extraer o zume das uvas e obter mosto. Hainos tamén para prensar mazás e obter sidra ou olivas e obter aceite.
    • Exemplo: Na adega dos meus avós hai un lagar que terá ben os seus douscentos anos.

    • Termos relacionados: adega, viño
  2. (Arquitectura) Edificio no que está a devandita prensa.
  3. Nas fábricas de salgadura, tanque para conservar o peixe en salmoira.

Traducións