Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «marea negra».
 
Marea negra provocada polo Prestige. Foto tomada en Oia (Pontevedra)
 
O Prestige baixo remolque de emerxencia pouco antes de afundirse en novembro de 2002
  •   Pronuncia: /ma.ˈɾe.a/ /ˈne.ɣɾa/ (AFI)

  Locución substantiva feminina

  1. Unha marea negra é chegada á costa do vertido de hidrocarburos ao mar, a maneira dunha marea tinxida de negro formada por unha masa oleaxinosa máis ou menos espesa da emulsión dos hidrocarburos nan auga. As mareas negras máis graves adoitan ser consecuencia dun accidente dun barco petroleiro ou dunha plataforma petrolífera. Aínda que o termo se aplica cando se trata da chegada dunha masa voluminosa nun curto espazo de tempo de cru, fuel ou outro derivado do petróleo, os efectos sobre os ecosistemas son basicamente os mesmos que cando se trata dos vertidos limitados producidos a partir doutras orixes, como as limpezas ilegais dos depósitos de fuel en mar a fóra, erros ou accidentes producidos na carga ou descarga dos barcos etc. Estes vertidos nunca son espectaculares e, por conseguinte, moitas veces pasan desapercibidos pola opinión pública pero son moito máis frecuentes cos derivados de accidentes, tanto en número como en volume vertido ao mar. Ao ser os hidrocarburos menos densos ca auga, tralo vertido esténdense rapidamente sobre a superficie formando unha extensa capa irregular, formada por masas espesas e densas xunto a áreas cubertas por unha fina película oleosa. Parte da substancia vertida forma unha emulsión coa auga que se mantén a flote ou en suspensión na columna de auga, e pode ser dispersada e transportada polas correntes durante semanas a áreas moi afastadas do punto do vertido, aínda que antes ou despois sedimenta e queda depositada na costa. Os compoñentes máis densos van afundindo ata depositarse sobre os fondos mariños mentres que os máis lixeiros se evaporan (como é o caso da gasolina ou o fuel lixeiro), e son degradados pola acción da luz solar e do oxíxeno. Existen procesos naturais que van degradando os hidrocarburos até conseguir a súa eliminación do medio, pero son moi lentos e irregulares, polo que a rexeneración das zonas afectadas polas mareas negras pode necesitar períodos de moitos anos, se é que algunha vez se alcanza a rexeneración completa. En Galicia por cuxas costas navegan moitos petroleiros, a máis grave das mareas negras foi a ocasionada polo afundimento do Prestige, que tivo consecuencias catastróficas.

Termos relacionados

Prestige