meiga
Galego
- Etimoloxía: do latín magicus, do grego antigo μαγικός (magikós).
- Pronuncia: /ˈmejɣa̝/ (AFI)
meiga (sg: meiga; pl: meigas)
- Muller con coñecementos de maxia e artes ocultas, ademais de menciñeira. Pode facer feitizos e meigallos, males de ollo e adiviñación.
- Sinónimos: bruxa.
- Exemplo: Fun consultar unha meiga a ver se me sacaba esta mala sorte.
- (Alimentación) (Ictioloxía) Especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos escoftálmidos. Peixe branco de corpo aplanado e forma oval, co dorso de cor apardazada ou castaña clara, ventre branco.
- Nome científico: Lepidorhombus whiffiagonis.
- Sinónimos: rapante.
- Termos relacionados: meiga punteada (Zeugopterus punctatus), meiga de Noruega (Phrynorhombus norvegicus), meiga real (Zeugopterus regius).
- (Zooloxía) Vagalume.
meiga (ms: meigo; mpl: meigos; fs: meiga; fpl: meigas)
- Feminino singular de meigo.