microonda
Galego
- Pronuncia: /mikɾoˈonda̝/ (AFI)
microonda (sg: microonda; pl: microondas)
- (Física) Onda electromagnética, xeralmente de entre 300 MHz e 30 GHz, o que supón unha lonxitude de onda no rango de 1 m a 10 mm. Os estándares IEC 60050 e IEEE 100 sitúan o seu rango de frecuencias entre 1 GHz e 30 GHz, é dicir, lonxitudes de onda de entre 30 centímetros e 10 milímetros. A súa lonxitude de onda é maior que a da dos raios infravermellos, mais menor que a da das ondas de radio.