Galego

  •   Pronuncia: /mon.ˈta.ʃe/ (AFI)

  Substantivo feminino

montaxe (sg: montaxe; pl: montaxes)

  1. Acción de colocar as pezas que forman parte dunha máquina, estrutura, etc.
    • Exemplo: A cadea de montaxe nunha fábrica de automóbiles.

  2. Acción de seleccionar e ordenar material cinematográfico, sonoro, fotográfico, etc.
    • Exemplo: Na montaxe da película elimináronse as secuencias máis sexuais.