Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «nomenclatura».

  Substantivo feminino

nomenclatura (sg: nomenclatura; pl: nomenclaturas)

  1. Conxunto de nomes ou termos propios dunha determinada disciplina científica ou artística, así como a metodoloxía adoptada para a asignación dos nomes.
    • Exemplo: Nomenclatura química

      .
  2. (Bioloxía) Denominación dos animais e vexetais segundo as regras que rexen as súas clasificacións taxonómicas.
    • Exemplo: Na nomenclatura biolóxica utilízanse nomes latinos

      .
  3. Lista que acompaña os planos dunha máquina, con indicacións sobre as pezas e a súa montaxe.
    • Exemplo: Hai que consultar a nomenclatura

      .

Termos relacionados

nomenclatura biolóxica

Observacións

Naacepción o seu sinónimo é terminoloxía.