orizo
Grafías semellantes: orizó |
Galego
- Pronuncia: [oˈɾi.θʊ] (AFI)
orizo (sg: orizo; pl: orizos)
- Envoltura espiñenta que recobre a castaña, o froito do castiñeiro.
- Sinónimos: ourizo.
- (Zooloxía) Mamífero insectívoro que abunda nos montes galegos, así como en prados onde haxa arbustos, sebes e valados onde agocharse. A súa característica máis rechamante son as pugas ou puntas coas que está revestido. Pode chegar a pesar 1 kg.
- Nome científico: Erinaceus europaeus.
- Sinónimos: cachourizo, orizo cacho, orizo cacheiro, ourizo, ourizo cacho, ourizo cacheiro, porco espiño.
- (Zooloxía) Ourizo de mar.
- Sinónimos: ourizo, ourizo mariño.
Traducións
Envoltura espiñenta
|
Erinaceus europaeus
|
Ourizo de mar
|