parlamento
Galego
- Pronuncia: /paɾ.la.ˈmeŋ.to̝/ (AFI)
parlamento
(sg: parlamento; pl: parlamentos)
- (Política) Cámara ou Asemblea lexislativa dun Estado, dunha Nación ou dunha Rexión, cuns poderes que son regulados, xeralmente, pola Constitución, e que pode estar formada por unha soa cámara (unicameralismo) ou por dúas (bicameralismo.)
- Exemplo: O Parlamento español está formado polo Congreso dos Deputados e o Senado.
.
- Exemplo: O Parlamento español está formado polo Congreso dos Deputados e o Senado.
- (Arquitectura) Edificio que é a sede desta institución.
- Exemplo: O Parlamento de Galicia está situado no Pazo do Hórreo.
.
- Exemplo: O Parlamento de Galicia está situado no Pazo do Hórreo.
- (Arte) Intervención longa, en prosa ou en verso, que realiza un actor ou unha actriz nunha obra teatral.
- Exemplo: No primeiro acto da traxedia houbo un longo e áspero parlamento entre os dous antagonisgtas.
- Exemplo: No primeiro acto da traxedia houbo un longo e áspero parlamento entre os dous antagonisgtas.
- Discurso oral que realiza unha persoa.
- Exemplo: O conferenciante aburriu ao público co seu parlamento, unha soportífera perorata.
.
- Exemplo: O conferenciante aburriu ao público co seu parlamento, unha soportífera perorata.
- (Historia) Asemblea convocada polo rei co fin de chegar a acordos ou obter favores, consellos ou axudas dos estamentos.
- Exemplo: O rei convocou un Parlamento para conseguir unha suba dos impostos.
- Exemplo: O rei convocou un Parlamento para conseguir unha suba dos impostos.
Termos relacionados
Véxase tamén
Traducións
- Castelán: parlamento (es).
- Catalán: parlament (ca)
- Esloveno: parlament (sl).
- Francés: parlement (fr).
- Inglés: parliament (en).
- Italiano: parlamento (it)
- Portugués: parlamento (pt)
- Vasco: parlamentu (eu)
Castelán
parlamento (sg: parlamento; pl: parlamentos)
Italiano
parlamento (sg: parlamento; pl: parlamenti)
Portugués
parlamento (sg: parlamento; pl: parlamentos)